HOXE COMEZA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE ORIENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR
Galicia recibe este ano o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Orientación en Edad Escolar (CESA), que reunirá a deportistas de toda España e está organizado pola FEGADO, coa colaboración da FEDO e do Consello Superior de Deportes (CSD).
O evento dará comezo este venres coa proba de distancia longa celebrada no Monte Enxa (Porto do Son). Pola tarde os orientadores e orientadoras desprazaranse ao Monte do Gozo (Santiago de Compostela) para competir nun labirinto de orientación inclusiva e unha proba de Trail-O. O sábado disputarase a media distancia de novo en Porto do Son e o sprint pola tarde en Santiago de Compostela. O domingo despediremos a proba coas remudas.
Dende a FEGADO agardamos que os participantes desfruten dos nosos mapas e enviámoslles moita sorte. Agradecemos tamén o gran traballo de todas as persoas implicadas na organización deste evento.
Os resultados en directo están dispoñibles aquí.