PRESELECCIÓN FEGADO de cara ao CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS (CESAR 2025) | 1 e 2 de novembro | Comarca de la Vera (Cáceres)
No fin de semana do 1 e 2 de novembro o club ALCOR Extremadura organiza o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Raids 2025 (CESAR 2025) na Comarca de laVera (Cáceres). É un formato de competición bianual. Podes acceder á información oficial da competición na ligazón adxunta.
EQUIPOS OFICIAIS DA FEGADO (todos). É competencia da FEGADO designar os EQUIPOS OFICIAIS que optarán ao título de Campión de España de Seleccións Autonómicas en cada unha das tres categorías: xuvenil, absolutae veterana.
Configura o teu equipo e inscríbeo na plataforma SICO. FEGADO fará os trámites para que os equipos que cumpran os requisitos que establece a normativa compitan representando a GALICIA no CESAR 2025.
SELECCIÓN dos DOUS (2) MELLORES EQUIPOS OFICIAIS en cada categoría. A Vogalía de Raid, conxuntamente coa Dirección Técnica, designarán, de entre as persoas/equipos inscritos, que EQUIPOS OFICIAIS da FEGADO son os dous(2) máis competitivos para cada unha das categorías en base aos CRITERIOS DE SELECCIÓN CESAR 2025 que axuntamos e que pretendemos asentar de cara a vindeiras edicións.
A FEGADO sufragará, segundo a dispoñibilidade orzamentaria, os custos de inscrición, axuda ao desprazamento e manutención e equipación para un máximo de 6 equipos competitivos:
- Máx. 2 equipos categoría CESAR xuvenil
- Máx. 2 equipos categoría CESAR absoluta
- Máx. 2 equipos categoría CESAR veterana
De cara a axudar a deseñar estes MELLORES EQUIPOS OFICIAIS da FEGADO, publicamos unha primeira listaxe (aberta e polo tanto ampliable para que cada equipo busque os/as mellores compañeiros/as) de PERSOAS DEPORTISTAS PRESELECCIONADAS. A lista definitiva dos MELLORES EQUIPOS OFICIAIS da FEGADO será publicada nesta mesma noticia dentro das 24 horas seguintes ao peche das inscricións.
INSCRICIÓNS ABERTAS. Incríbete de xeito individual a través da PLATAFORMA SICO. Data límite o sábado 25 de outubro de 2025 ás23:59 h. Ten en conta que dende o 21 de outubro aplícase recargo de 5,0 ?.
Consulta as túas dúbidas na conta de correo-e raid@fegado.es.