Noticias

PORTUGAL ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO IBÉRICO MASCULINO DE O-PÉ

A pasada fin de semana Penamacor (Portugal) acolleu o Campionato Ibérico Masculino de O-Pé- Penamacor International Orienteering Meeting (PIOM) 2023, puntuable para o ranking nacional de O-Pé e sprint. A competición estivo ao cargo do Clube de Orientação do Centro.

O sábado 27 pola mañá, a competición deu comezo coa distancia media. Irene Morales (AD Limiactiva), Sonia Gómez (Club Orientación Compás) e Concepción González (Club Orientación Compás) acadaron o primeiro posto en D21A, D45 e D55, respectivamente; mentres que Ángel A. Serto (Club Aromon de Pontevedra) foi segundo en H40 e Ana Iglesias (Club UVigo) tamén conseguiu a segunda posición en D55. Pola súa banda, os terceiros en H50 e en D65 foron David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) e Fermina Fernández (Club Fluvial de Lugo)

Pola tarde disputouse o Sprint, onde Xoel Chamorro (Club Raza Palleira) acadou un top 10 en elite co seu 9º posto. Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) proclamouse gañador en H45 e Silvia Seoane (Club Gallaecia Raid) e Ana Iglesias tamén foron as gañadoras en D45 e D55, respectivamente. Ademais, Irene Morales foi segunda en D21A e Ángel A. Serto terceiro en H40.

O domingo 28 o evento despediuse coa distancia longa, na que Irene Morales e Sonia Gómez remataron en primeiro lugar en D21A e D-45, respectivamente, e Ángel A. Serto foi terceiro en H40.

Cos resultados de todas das probas, na clasificación xeral do CIMO, Ángel A. Serto proclamouse subcampión en H40 e Iván Somoza e Martín Morales foron terceiros en H45 e H50, respectivamente.

Parabéns a todos!


Os resultados completos da proba pódense consultar aquí e neste enlace podedes acceder á web do evento.