MATEO RORÍGUEZ, TOP TEN NO SPRINT DO CAMPIONATO DE EUROPA DE ORIENTACIÓN A PÉ
Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) competiu esta fin de semana coa Selección Nacional no Campionato de Europa Xuvenil e Cadete de Orientación a Pé (EYOC) en Hungría.
O noso orientador enfrontouse o sábado 2 á longa distancia en M18. Ao día seguinte celebrouse o sprint no que Mateo conseguiu a décima posición, a tan só 42 segundos do campión da súa categoría, Gonzalo Ferrando, outro integrante do equipo español. Finalmente, o luns 4 a competición concluiu coas remudas.
Noraboa ao noso orientador e a todo o equipo español!
Pódese acceder á TV, GPS e resultados completo no enlace adxunto. Achéganse tamén os enlaces á web do evento.