Noticias

OS PIRINEOS SERÁN O ESCENARIO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RAIDS DE ORIENTACIÓN ESTA FIN DE SEMANA

O Val do Tena (Huesca) recibe esta fin de semana o Pyrene Raid, que será o Campionato de España de Raids de Aventura e Orientación e puntuará tamén para as series europeas (ARES), polo que contará coa participación de deportistas de distintos países.

A proba percorrerá as espectaculares paisaxes dos Pirineos nunha carreira de 30h non stop, con 185 km de distancia e case 8000 metros de desnivel positivo para a categoría Elite. Os equipos participantes enfrontaranse a seccións de trekking, BTT, orientación a pé, kaiak e probas especiais (vía ferrata, barranco, rápel e tiro láser).

A saída dará comezo ás 8:00h do sábado 18 de maio para os equipos da categoría Elite e ás 10:00 para os equipos de Aventura.

A proba pódese seguir mediante en directo aquí, mentres que o GPS e resultados en directo están dispoñibles neste enlace.

Dende a FEGADO enviamos moita sorte aos equipos galegos!