Noticias

CRITERIOS DE SELECCIÓN e RELACIÓN DE PERSOAS DEPORTISTAS PRESELECCIONADAS para o CEMTBO 2023

Obxectivo. O principal obxectivo dos Criterios de Selección é regular o proceso para a formación dos distintos equipos que representarán a Galicia no próximo Campionato de España (CEMTBO) que se disputará en Puebla del Río (Sevilla) o 6 e 7 de maio.


Os presentes criterios integraranse no documento "SELECCIÓNS GALEGAS PROGRAMA para o ano 2023" que será publicado, unha vez coñecidas as diferentes Normativas FEDO 2023 (en fase de elaboración a data actual), para o conxunto das especialidades FEGADO (O-pé, MTBO, Raid de Orientación e TRAIL-O). Así está previsto no apartado nº 8 do Proxecto Deportivo da FEGADO 2023.

A preselección previa é amplia e relaciona ás persoas deportistas aspirantes a unha das 32 prazas dispoñibles na Selección Galega que loitarán polo Campionato de España de Comunidades.


Motivar e incentivar a participación no CEMTBO. As datas temperás do CEMTBO 2023, e un calendario oficial aprobado na Asemblea Xeral da FEGADO de 17 de decembro de 2023 cunha única proba oficial antes do Campionato de España, obrigan a publicar os presentes Criterios de Selección e a dar a coñecer unha serie de adestramentos [máis info na web] e/ou competicións estratéxicas nas que os resultados poderían ser tidos en conta á hora de configurar a Selección Galega definitiva.

Parabéns a todos/as