Noticias

BRIEFING e XURADO TÉCNICO - III Raid Concello de Cariño

Publícase o briefing e xurado técnico do raid.

As decenas de cambios que houbo (e segue habendo) nos equipos, pinzas, etc, fai que vos pidamos que VEÑADES CON TEMPO SUFICIENTE para revisar que todo está ok na secretaría. Recordade que as pinzas vanse sellar a cada corredor, polo que iso tamén precisa tempo.

AS PINZAS deben ter unha capacidade de ao menos, 30 picadas. (sirven as SI 8)

Por último, debedes pensar na organización de vez en cando. Non pode ser que a día de hoxe estén chegando correos con modificacións de pinzas, equipos ... (señores/as, non pode ser).

Saudos e vémonos en Cariño

Evento relacionado

III Raid de Orientación Concello de Cariño