Proxecto Libera contra a Basuraleza
Desde a Organización das probas deste vindeiro sábado queremos aproveitar a ocasión para colaborar xunto ca Vocalía de Medio Ambiente da FEGADO e o propio Concello de Ribeira neste proxecto cunha recollida de "basuraleza", aportando algo da nosa parte para o coidado do medio no que realizamos as nosas actividades.
Como o sábado o horario está un pouco apretado, quedamos facelo o venres pola tarde a partir das 20:00. Seguramente xa haberá xente que participa nas carreiras desa hora pola zona ós que convidamos a participar xunto cos propios da zona que andaremos por alí.
Nos arquivos adxuntos podedes atopar toda a información.
Moitas gracias!