Noticias

Convocatoria da XXIV Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca

A Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca ten como obxectivo premiar os resultados e o traballo dos mellores deportistas masculinos e femininos, en función dos éxitos acadados ao longo do ano anterior (2022).

O/a nomeado/a pola correspondente federación deberá ser natural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, levar empadroado/a nestes concellos polo menos un (1) ano ou, non sendo da área, ter desenrolado a súa traxectoria deportiva en entidades deportivas da mancomunidade deixando a súa pegada de xeito moi significativo.

A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo abrangue os municipios seguintes: Vigo, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño e Soutomaior.

É requisito indispensable que as persoas deportistas candidatas (mellor deportista e promesa se é o caso) tivesen participado como mínimo nun Campionato de España, Europeo ou Mundial ou ter sido internacionais coa selección española.

As persoas deportistas interesadas e que cumpran as bases que se adxuntan, deben remitir os ANEXOS I ou II debidamente cubertos á conta de correo-e fegado.direcciontecnica@gmail.com.

Data límite para que FEGADO presente as candidaturas: 13 de febreiro de 2023 (rogamos que nos enviedes as vosas propostas cunha marxe suficiente para que poidan ser avaliadas).

A FEGADO avaliará as solicitudes recibidas e nomeará como candidatas á mellor persoa deportista (home e muller) e á mellor persoa deportista promesa 2022 (home e muller nacida a partires do 1 de xaneiro de 2003).