Noticias

LA RIOJA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MTBO

Máis de media centena deportistas da FEGADO desprázanse esta fin de semana a Logroño (La Rioja) para competir no Campionato de España de MTBO, organizado polo Club Deportivo Rioja Alta Orientación- Rioja-O.

O sábado 2 ás 9:00 comeza a distancia media e a partir das 15:00 da tarde disputarase o sprint. A distancia longa terá lugar o domingo 3 ás 8:30.

Galicia leva 7 anos consecutivos proclamándose a comunidade Campioa de España desta modalidade, conseguiremos o ouro un ano máis?

Moita sorte a tod@s!


Achégase o enlace á web oficial do evento e aos resultados.