Noticias

O BRIGANTIA ADVENTURE RACE GAÑA A ÚLTIMA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE RAIDS DE AVENTURA

O pasado sabado 13 de novembro, Extremadura acolleu, unha vez máis, a 30 deportistas galegos/as que competiron na última proba da Liga Española de Raids de Aventura, o 'I Raid Guadalupe Patrimonio da Humanidade', onde tiveron que completar seccións de score, BTT, kayak e trekking.

Na categoría élite os dous primeiros postos foron para equipos galegos, o Brigantia Adventure Race conseguiu a medalla de ouro, mentres que o Endurance II- COCO acadou a medalla de prata. En Aventura Masculina a segunda posición foi para Navalcán- Fluvial Lugo e Neumáticos JL Vizhoja Cornelios chegou en terceiro lugar en Aventura Mixto.

Dende a FEGADO enviamos os parabéns a todos os equipos e agradecemos de novo a organización da FEXO e do club ALCOR.


No enlace adxunto podedes consultar os resultados completos.

Adxuntos