Noticias

EXTREMADURA DESPEDIU A PASADA FIN DE SEMANA AS LIGAS ESPAÑOLAS DE O-PÉ E SPRINT 2025

A provincia de Cáceres acolleu a pasada fin de semana o Campionato Ibérico Feminino de O-Pé-VIII Trofeo Extremadura de Orientación, que foi a última proba da Liga Española da tempada, a cargo do Club Alcor e a FEXO.

O Campionato estivo composto por probas de media, longa e sprint e ademais celebrouse unha proba de media distancia, puntuable tamén para o ranking nacional.

O sábado disputouse a longa distancia, na que destacamos a terceira posición de Jana Albarrán (Club Gallaecia Raid) en F14. Olalla Bello (Club O Pasatempo Betanzos) e Rosa Pernas (Club USC) proclamáronse Campioas Ibéricas en F40 e F60, respectivamente, mentres que Ángel Álvarez Serto (Club Aromon de Pontevedra) e Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) remataron en segunda posto a nivel nacional en M40 e M50.

Na distancia sprint, Carla Somoza (Club Gallacia Raid) e Martín Casado (Club O Pasatempo Betanzos) recolleron as medallas de bronce en F16 e M16, mentres que Rosa Pernas volvía a lograr o ouro en F60.

O domingo a competición despediuse coa distancia media. Nesta ocasión, Jana Albarrán e Olalla Bello foron subcampioas en F14 e F40, mentres que Rosa Pernas e Iván Somoza remataron en terceira posición en F60 e M50.

Coa suma das tres probas, Olalla Bello e Rosa Pernas proclamáronse Campioas Ibéricas en F40 e F60 e Jana Albarrán foi Subcampioa en F14.

O luns 8 celebrouse unha carreira de media distancia puntuable para a Liga Española de O-Pé. Jana Albarrán recolleu de novo a medalla de prata en F14 e Ángel Serto tamén foi o segundo español en M40.

Os rankings das Ligas Españolas de O-Pé y Sprint 2025, pódense consultar aquí, mentres que os resultados completos están dispoñibles aquí.