BRAIS PIÑEIRO, TOP 20 NAS REMUDAS DO 10MILA CELEBRADAS O PASADO SÁBADO EN SUECIA
A pasada fin de semana, Skellefteå (Suecia) celebrou o 10MILA, unha das probas de remudas máis importantes do noso deporte a nivel internacional. A competición dispútase principalmente pola noite, e nela participaron máis de 450 equipos, formados por 10 corredores no caso das remudas masculinas e 5 postas nas femininas.
Os nosos orientadores Lucía Parga e Brais Piñeiro, competiron por segundo ano consecutivo neste evento co club sueco Snättringe SK. Lucía foi a quinta relevista do seu equipo, mentres que Brais foi a terceira posta, chegando a meta 17º lugar, de entre os case 230 equipos da categoría masculina.
Parabéns aos dous!
Os resultados completos pódense consultar aquí e a información sobre a proba está dispoñible na web do evento