Resultados provisionais I Campionatop galego duatlón
Primeiramente agradecer a colaboración de Javier Arufe e Ricardo Figueroa na depuración dos datos do evento que posibilitou a obtención destes resultados.
A realización deste campionato supoñía varios retos respecto a probas realizadas con anterioridade dentro do marco da orientación, as propias de unir nunha mesma proba, un score a pé, unha proba de orientación en bicicleta e outra de o pé lineal, facendo unha saída en masa na que existiran gran cantidade de variantes que fixeran a proba atractivadende o punto de vista da técnica da orientación. Dentro deste retoestaba adaptar o sistema de cronometraxe sportident a esta disciplina, en especial mesturar unha proba score con dúas en liña.
Isto que xa se fixera noutras probas de liga galega con anterioridade, neste caso foi o que deu problemas á hora de obter os resultados. O programa debe configurarse indicando que a partir dun punto (neste caso era a baliza 100) se cambia de proba score a proba en liña, e así se configurou a proba. Pero na práctica ao resultar que o punto 100 se fichaba ao final de cada etapa, (tres veces) fixo que o programa non funcionara correctamente dando dous problemas, daba a todos os participantes como con erro, pero ademais non daba todas as balizas fichadas realmente, e nos resultados que obtivemos faltaban moitas balizas.
Esta última situación, e dado a complexidade da proba, con 57 puntos de control e 37 variantes, fixo que no momento da proba fora moi complicado obter os resultados finais con fiabilidade, ao non aparecer as balizas reais fichadas por cada participante, nos resultados impresos á chegada, oprograma omitía balizas fichadas. Non obstante estas balizas si estaban rexistradas no programa . Unha vez configurado de novo e resolto a posteriori este problema xa podemos sacar unhas clasificacións reais nas que existen algunhas variacións respecto aos resultados dados na proba e que esperaremos a dar por definitivos en breve.
No referente a categoría de veteranos B masculino unha das variantes tiña unha baliza a maiores, polo que para o cálculo do resultado final en igualdade de ambas variantes restouse o tempo empregado en realizar esta baliza.
Agradecemos a paciencia da maioría dos participantes con estes imprevistos, esperando que estas situacións sirvan de aprendizaxe para futuras probas, tanto para o noso club, como para outros organizadores.
p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; }