CINCO DEPORTISTAS DA FEGADO COMPETIRÁN COA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO 2025
Este martes 12 comeza o Campionato do Mundo de MTBO 2025 (WMTBOC) en Varsovia, a capital polaca. Alí competirá a Selección Española de MTBO Absoluta e Junior, da que forman parte os deportistas da FEGADO Kike Chousa (do Club de Orientación Compás) no equipo Absoluto e Marcos Silvarrey (do Club Gallaecia Raid), Nicolás López, Sofía Martínez e Noa Rodríguez (os tres do Club de Orientación Compás) no equipo Junior.
Este martes a competición dará comezo co sprint e continuará o mércores 13 coa media distancia, mentres que o xoves 14 será a mass start. Finalmente, o sábado 16 disputarase a longa distancia e a competición despedirase o domingo coas remudas.
A proba pódese seguir no IOF Live Centre, con resultados en directo, GPS e retransmisión para todas as carreiras.
Dende a FEGADO enviamos moita sorte a tod@s @s deportistas!