NOVAS DATAS BUDIÑORAID E ASAMBLEA
Trala decisión de aprazamento do BUDIÑORAID BAIXO MIÑO e trala imposibilidade de celebralo o 24 de novembro (data inicialmente desexada), a Xunta Directiva da FEGADO, en colaboración coa Asociación Deportiva A FORNA-BUDIÑO RAID, decidiu, coa finalidade de causar os menores trastornos posibles á competición, fixar a nova data de celebración do BUDIÑORAID BAIXO MIÑO o 15 de decembro e trasladar a Asemblea Xeral ao vindeiro 22 de decembro de 2018.
Deste xeito a entrega de trofeos da Liga Galega de Raid de Orientación 2018 levaría-se á 1ª proba de Raid da tempada 2019.
Agradecemos saibades desculpar as molestias que estes cambios poidan ocasionar.
XUNTA DIRECTIVA FEGADO