Noticias

GALICIA ACOLLE A PRIMEIRA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE MTBO DESTA TEMPADA

A pasada fin de semana o Concello de Santiso (A Coruña) acolleu o I Trofeo Santiso de MTBO que estivo formado por dúas probas, puntuables tanto para a Liga Nacional como para a Liga Galega de MTBO.

O sábado disputouse a distancia media, que foi tamén Campionato Xunta de Galicia desta especialidade. Na categoría Elite Feminino, Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos) rematou en primeira posición, proclamándose tamén campioa galega; mentres que Verónica Montes (Club O Pasatempo Betanzos) foi a subcampioa e María Piñeiro (SM Ártabros) a terceira galega. En Elite Masculina, Yago Breijo (Xesteiras) foi o terceiro español e campión galego, Juan José Sancosmed (COCO) foi o subcampión galego e Alberto Taboada (Club O Pasatempo Betanzos) foi o terceiro deportista da FEGADO.

O domingo a competición despediuse coa Mass Start. A nivel do ranking nacional, en Elite Feminino, Mar Delgado repetiu primeira posición, mentres que Olalla Bello (Club Gallaecia Raid) e Verónica Montes foron cuarta e quinta, respectivamente. Na categoría masculina, Yago Breijo rematou en cuarto lugar e Alberto Taboada foi quinto.

Dende a FEGADO, queremos agradecer a tod@s @s deportistas participantes e tamén a todo o persoal da organización por facer posible este evento.

Os resultados completos pódense consultar aquí e os tracks GPS pódense subir ao Livelox.