TECNIFICACIÓN PROGRAMADA no mapa da ZAPATEIRA para a tarde do 15 febreiro (1ª proba de Liga Galega O-Pé)
Comezamos o 2025 retomando as actividades de tecnificación da FEGADO.
A primeira actividade programada será no mapa da Zapateira (Culleredo) como complemento á primeira proba de Liga Galega e O-Pé.
Obxectivo: o adestro constará dunha serie de trazados para a práctica de rumbos.
Reserva a túa praza: é imprescindible confirmar a túa asistencia na conta de correo oripe@fegado.es.
Data límite: domingo 9 de febreiro ás 23:50 horas.
Punto e hora de encontro: centro de competición ás 15:00 do sábado 15 de febreiro.
Duración da actividade: estimación de dúas (2) horas ata as 17:00 horas.
Grupos de tecnificación: Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento). Abrimo o adestro tamén ao grupo Tecnificación + (persoas deportistas senior, xa tecnificadas e que aspiran a competir nas categorías elite).
Trazados: Iván Somoza. Coordinan: Teresa Bellón (vogalía O-Pé) e Jorge Piñeiro (Dirección Técnica).
Materiais necesarios: compás e SPORTident. Roupa de orientación que protexa as pernas e os brazos.