Noticias

MATEO RODRÍGUEZ FAI HISTORIA CO SEU 7º POSTO NO SPRINT DO CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR

Mateo Rodríguez rozou o diploma no sprint do Campionato do Mundo Junior de Orientación a Pé (JWOC) que está a celebrarse esta semana na República Checa.

O noso orientador conseguiu a 7ª praza nesta proba, a unicamente 24 segundos do gañador e a 3 segundos do diploma. Mateo fixo así historia tanto para a orientación galega como para a orientación nacional, logrando a 3ª mellor posición para España nesta proba en categoría masculina, soamente superada pola prata de Andreu Blanes no 2011 e o diploma de Pablo Ferrando no 2022.

A competición continúa este mércores coa distancia longa e, despois dunha xornada de descanso, o venres disputarase a media e o sábado as remudas.

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a Mateo por este máis que merecido resultado e enviámoslle moita sorte para as probas que quedan por diante!

Os resultados das probas xa disputadas e o seguimento das vindeiras pódense ver neste enlace.