GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS para deportistas na competición: O-Pé
O vindeiro 6 de marzo comezará a tempada 2021 coa celebración da primeira proba da XXX Liga Galega de Orientación a Pé, organizada polo Club Fluvial de Lugo no mapa de O Veral - Penarrubia (Concello de Lugo).
Están inscritos máis de 250 deportistas federad@s, e será de aplicación o novo Protocolo FISICOVID-DxT GALEGO na súa actualización de xaneiro 2021 (normativa de obrigado cumprimento).
Sabes cando é obrigatorio empregar a máscara? Coñeces que distancia interpersoal de seguridade debes manter durante a competición respecto doutros deportistas? Haberá dispensadores de hidroxel? Onde? Como é que non se repartirán descripcións de control? Teño que traelas impresas da casa? Modifícase a estrutura tradicional das saídas e elimínase o -3? Sabías que sairemos, na medida do posible, dous corredores por minuto de cada vez? E que debo facer se, días despois da proba, teño síntomas ou mesmo un resultado positivo nunha proba diagnóstica de COVID? A quen debo avisar?
Se non tes claras moitas destas respostas, entón é que necesitas botar un ollo a esta GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS que está pensada para deportistas de Orientación a Pé (e tamén para os seus acompañantes) que participen nas competicións oficiais da FEGADO desta tempada.
Máis info (e máis resumida) nos BOLETÍNS da proba. Non deixes de revisalos de cando en vez.
Resolve calquera dúbida co COORDINADOR/A COVID do teu club.
Desfruta de novo do monte. Con responsabilidade. A FEGADO fixo os seus deberes. O teu CLUB traballou moito. Agora tócate a ti: a túa conducta individual é esencial. Protéxete, protexe aos teus compeñeir@s e respecta aos veciños e usuarios dos espazos nos que terá lugar a competición.
Aplica as medidas preventivas antes, durante e despóis da práctica deportiva.
E recorda o de CHEGAR, CORRER e MARCHAR. Evita socializar. Respecta as distancias interpersonais - que serán DOBRES (x2) do habitual nos espacios das filas de espera, e TRIPLES (x3) durante a carreira - , extrema as medidas de hixiene de mans e materiais e utiliza a máscara adecuadamente.
Benvid@s de novo a este marabilloso deporte.
Saúde e natureza.