Noticias

Convocatoria dos G1,G2 e G3 do Proxecto de Tecnificación e Alto Rendemento Deportivo para actividade vinculada á 5ª proba de LGDO en Forgoselo (sa18 setembro en horario de tarde)

Datas. Activamos a actividade vinculada á competición da 5ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé.

Horarios e punto de encontro. Curro de Forgoselo entre 15:30 e 17:30 horas.

Obxectivo. 2ª fase da competición (en xornada de tarde) vinculada ao rendemento deportivo de base, entendido como a etapa de desenrolo e perfeccionamento previa á participación en categorías absolutas e anteriores á absoluta. Servirá como preparación de cara ao vindeiro Campionato de España do 25 e 26 de setembro na Serra de Albarracín(Teruel).

Convocados os G1,G2 e G3 do Proxecto de Tecnificación e Alto Rendemento Deportivo. A actividade está enfocada aos rapaces que progresan autonomamente en probas oficias (mínimo M/F 12) e que habitualmente participan nas actividades de tecnificación nos Grupos 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento).

Escola de Pequenos Orientadores. Están convidados a participar cos nenos e nenas da Escola de Pequenos Orientadores.

Solicitudes de participación e data límite de confirmación. Será imprescindible enviar solicitudes de participación para a actividade, preferentemente a través do responsable do club, á dirección de correo-e fegado.tecnificacion@gmail.com.

Datos a facilitar NOME e APELIDOS | DATA de NACEMENTO | CONCELLO DE RESIDENCIA

Data e hora límite, xoves 16 de setembro ás 22:00 horas.

Protocolo COVID. Será de aplicación o Protocolo FISICOVID-DXT GALEGO da FEGADO, que obríganos a separar aos participantes en pequenos grupos. Aínda que a actividade sexa ao aire libre, recordamos a necesidade de respectar, na medida do posible, as distancias interpersoais e a obrigatoriedade de de uso de máscaras homologadas (FFP2 no caso monitores). Haberá material COVID da FEGADO no punto de reunión (dispensadores de xel hidroalcohólico para cada grupo, etc.).