Artigos deportivos

Aplicación para xestión de probas de 1 día con soporte para SportIdent

Desde o club APA Liceo ponse á disposición dos interesados unha pequena e simple aplicación, en forma de libro Excel, que permite realizar as tarefas de xestión dunha proba de 1 día.

O obxectivo é soamente o de axudar a cubrir as necesidades básicas de todo organizador deste tipo de probas. O feito de presentalo en Excel permite a calquera usuario minimamente experimentado sacarlle maior partido aos datos, máis aló das funcións implementadas.

É compatible co formato dos formularios utilizados na AGaCO no 2010, o que permite unha rápida integración de datos de participantes.

Como novidade, hai que suliñar que esta utilidade é capaz de manexar o sistema de control Sportident, a través dun control externo proporcionado de xeito gratuito polo creador do sistema www.sportident.com. Atención: estas novas funcións non foron aínda probadas nun evento real.