Eventos

5ª PROBA LIGA GALEGA DE MTBO DISTANCIA MEDIA OIA

5ª Xornada da Liga Galega de Orientación en bicicleta de montaña 2024.

A proba vai ser organizada polo Club Budiñoraid-Orientación de Pontevedra, o día 22 de Junio de 2024.

É unha competición oficial, e pertence ao calendario da Federación Galega de Orientación (FEGADO). A proba vaise celebrar no concello de OIA.

El próximo 10 de junio publicarase e mapa antigo do 2023.

Desenvolverase na contorna do curro da Valga, no Monte da Valga, situado nos montes comunais de Oia e Loureza pertencentes o concello de Oia, onde cada ano se celebra a famosa rapa das bestas organizada pola Asociación de Gandeiros Curro de Valga.

Nos seus bosques podemos atopar xacementos petrógliferos, miradoiros con vistas espectaculares, lugares con encanto e rodeado de animais salvaxes e domésticos en liberdade.

A carreira celebrarase nos seus fermosos bosques, maioritariamente de piñeiros aínda que tamén hai zonas de eucaliptos, con zoas abertas de fácil progresión e elementos rochosos.

Chegando polo sur ao límite con O Rosal.??

O próximo 10 de Xuño publícarase o mapa antigo usado no 2023.