Eventos

Eurocidade Tui - Valença

O vindeiro domingo 29/05, nas vilas de Valença (de mañá) e Tui (de tarde), desenvolveremos a 4ª Carreira Eurocidade, dúas probas urbans moi divertidas, e abertas a todo o mundo.

Podedes facer a inscrición ata o vindeiro 25/05, no seguinte enlace: https://www.aromon.es/actividades/eurocidade2022/

Número de prazas: 400

Para calquera dúbida diríxete a: escolaori@aromon.es

Horario: de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 19:00h (horas españolas)

Ubicacións: Valença e Tui

CAMISETAS: a inscrición para calquera das carreiras, só no caso das persoas adultas, conleva o agasallo dunha camiseta conmemorativa, da marca 42k. @s nen@s poden decidir se facer a inscrición de balde ou pagar pola inscrición, recibindo tamén unha camiseta. (O prazo para ter garantida a talla amplíase ata o sábado 21/05/22 ás 23:59)

Se facedes a inscrición en grupos, debedes engadir ao carriño tantos compoñentes como persoas formen ese equipo (ata 4 persoas)

Esta Actividade de Orientación consistirá en visitar no tempo establecido tódalas balizas propostas na orde que se indica no mapa.

Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo).

Adxuntos