Eventos

IV Trail Running e Andaina de Orientación Orro 2016

O vindeiro día 18 de decembro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o IV Trail Running e a III Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE:

Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e deberase presentar asinado o seguinte documento na recollida do dorsal: autorización menores

DISTANCIAS E DESNIVEL:

  • Trail-running: 18 kms con 600 metros de desnivel positivo
  • Andaina: 9 km con 300 metros de desnivel positivo

PREZOS:

A inscripción dara dereito a:

  • Realizar a andaina ou o trail
  • Regalo a todos os participantes
  • Servizo de ambulancia e médico
  • Seguro RC e médico de proba
  • 1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica
  • Cónsome de caldo á chegada
  • Sorteo de regalos dos patrocinadores
  • Dispositivo gps de seguimento onlin (tracktherace.com)
  • Duchas

Realizando inscrición antes o 30 de novembro ás 24:00 horas:

  • 12 euros con licenza fedo o trail running
  • 7 euros con licenza fedo a andaina
  • Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
  • Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2 euros a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto)

Realizando inscrición entre o 1 de decembro e o 13 de decembro ás 24 horas:

  • 13 euros con licenza fedo o trail running
  • 8 euros con licenza fedo a andaina
  • Os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro
  • Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2 euros a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).

INSCRIPCIONS E INFORMACIÓN: A partir do 4 de Novembro en https://tracktherace.com/es/4-trail-running-e-andaina-de-orientacion-orro-2016.

COMIDA POST-EVENTO:

Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba ó Restaurante O Sombreiro (o pago farase no momento da inscrición, se quere ir a comer algún familiar que non participe haberá que poñerse en contacto coa organización a través de tracktherace.com) que como patrocinador da proba nos ofrece precios populares (os que viñestes as pasadas edicións xa sabedes o bo trato que nos dispensan):

  • Cómida adultos: 13 euros que inclúe:
    • Sopa consistente (fideos, ovo, polo...)
    • Carne asada con patacas (xarrete)
    • Viño, gaseosa, refresco, auga
    • Postre
    • Café
  • Cómida nenos: 7 euros que inclúe:
    • Poderán tomar tamén a sopa e ademáis milanesa de polo con patacas.
    • Auga e refrescos.
    • Postre

HORARIOS DAS PROBAS:

  • Saída do trail-running con orientación: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)
  • Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45)

MATERIAL OBRIGATORIO TRAIL-RUNNING E ANDAINA:

  • Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido (na andaina non é obrigatorio pero é recomendable levar algo de auga ou sales, terá tamén avituallamento líquido na metada da proba).
  • Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización o non ser material obligatorio)
  • O compás aínda que non é obrigatorio si é moi recomendable
  • Teléfono móbil acendido os da andaina o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición
  • No trail non é necesario levar o móbil xa que a organización facilitará un dispositivo gps (tracktherace.com) para poder seguir a carreira online.