Eventos

6ª proba da VII Liga Local de Orientación de Porto do Son

O club ADC Arnela organiza unha Liga Local de Promoción da Orientación no Concello de Porto do Son que xa vai pola súa VII edición.

Nesta ocasión será unha proba de orientación urbana nas rúas de Portosín.

Aparte dos percorridos de Iniciación Curta e Longa, tamén haberá un percorrido de nivel avanzado para os federad@s que queiran facer un bo adestramento.