Noticias

PRESELECCIÓN GALEGA O-PÉ para o Campionato de España (15 e 16 de abril en Navaleno, Soria)

Publicamos unha lista amplia de persoas deportistas PRESELECCIONADAS para loitar por cada unha das 34 prazas dispoñibles que conformarán a Selección Galega O-Pé. A preselección estará aberta ata a celebración do primeiro CEO 2023.

O obxectivo no deseño da Selección Galega definitiva será acadar o máximo número de puntos na loita da Clasificación Final por Comunidades.

Os/as integrantes recibirán apoio económico, na medida da dispoñibilidade orzamentaria aprobada pola Asemblea Xeral, nas inscripcións e nas dietas, sempre e cando se inscriban e compitan na súa categoría de idade. Excepcionalmente recibirán axuda económica seleccionados/as inscritos/as fóra da súa categoría de idade, sempre que os cambios estratéxicos sexan aprobados pola Dirección Técnica para completar categorías con vacantes, completar equipos de remudas, loitar en categorías con maior factor de puntuación, etc.

Tamén facemos públicos os Criterios de Selección, que son continuistas co publicado en pasadas edicións.


29/mar/2023 correxidos CLUBS de Irene Morales, Xana Tapia e Diana Sánchez.

29/mar/2023 correxido erros de non ter incorporado a Adrián López e Iago Trigo.