Noticias

[PRÓXIMAMENTE] PRESELECCIÓN GALEGA O-PÉ para o Campionato de España (15 e 16 de abril en Navaleno, Soria)

Publicamos a presente noticia, para adiantar que o martes 21 de marzo á noite publicaremos unha lista amplia de persoas deportistas PRESELECCIONADAS para loitar por unha das 34 prazas dispoñibles que conformarán a Selección Galega O-Pé. A preselección estará aberta ata a celebración do primeiro CEO 2023.

O obxectivo no deseño da Selección Galega definitiva será acadar o máximo número de puntos na loita da Clasificación Final por Comunidades.

Os/as integrantes recibirán apoio económico, na medida da dispoñibilidade orzamentaria aprobada pola Asemblea Xeral, nas inscripcións e nas dietas, sempre e cando se inscriban e compitan na súa categoría de idade. Excepcionalmente recibirán axuda económica seleccionados/as inscritos/as fóra da súa categoría de idade, sempre que os cambios estratéxicos sexan aprobados pola Dirección Técnica para completar categorías con vacantes, completar equipos de remudas, loitar en categorías con maior factor de puntuación, etc.

Tamén faremos públicos os Criterios de Selección, que serán continuistas con publicado en pasadas edicións, onde ven sendo habitual valorar o Ranking en LG (anos 2021 e 2022), ademáis da participación en probas nacionais e/ou internacionais, decisións técnicas, etc.

Queremos adiantar, para fomentar a participación en probas previas ao primeiro CEO 2023, que completarán os criterios mencionados e se valorará positivamente a participación e os resultados en:

- 1ª proba da Liga Galega 2023 do 11 de marzo en Paderne (A Coruña).

- [Próximamente] 2ª proba da Liga Galega 2023 do 1º de abril organizada polo Club Fluvial en Guitiriz (Lugo).

- [Próximamente] Campionato Ibérico Feminino do 25 ao 26 de marzo en Navalcán (Ávila).


A infomación será actualizada nesta mesma noticia, adaptando o título, contidos e incorporando os correspondentes adxuntos.