Noticias

Probas de Orientación da Liga Galega en Porto do Son

Apertura de inscricións para as probas de orientación de Porto do Son do día 18 de outubro. Tanto para a proba de Media distancia pola mañá como para a proba de Sprint pola tarde.

Publicanse os carteis e boletíns correspondentes das dúas probas.

Recordamos que son as últimas probas puntuables para as Ligas Galegas de O-pé e de Sprint deste ano.

Recordade tamén que hai que inscribirse nos 2 eventos se queredes participar nas duas probas.