Noticias

Anulación de certos percorridos da Proba de Santiago de Compostela

Segundo o acordado polo Xurado Técnico da proba, debido ao roubo das balizas 56 e 57 da zona de competición, todos os percorridos con esas balizas no seu trazado quedan anulados como proba de Liga Galega.

Para a súa puntuación como proba na Liga Galega terase en conta o punto 6.4. do Regulamento da Liga Galega 2012:
"Se unha proba ou categoría é anulada, unha vez que se celebrou, aplicarase ós afectados un factor de corrección. Este factor será igual á media de puntos, de ata os 4 mellores resultados obtidos ó longo das competicións que forman parte da Liga nas que teña participado."

Os percorridos afectados son: INI-L, D-16, D-20, D-21, D-35, D-45, D-E, H-16, H-20, H-21, H-21B, H-45, 4FC, 5FC.

O resto, D-12, D-14, H-12, H14, H-35 e H-E terán un resultado oficial válido  para a Liga Galega 2012.

De todos os xeitos, a organización fará público en breve uns resultados da proba, anulando os parciais dos tramos con esas balizas.

Finalmente, o Club USC quere lamentar de novo o acontecido, e pedir desculpas a todos os orientadores afectados.

Evento relacionado

Proba Liga Galega Orientación a Pé 2012. Santiago de Compostela