PARTICIPACIÓN GALEGA NA PRIMEIRA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE RAIDS DE AVENTURA
Os pasados días 20 e 21 de marzo, 10 equipos galegos viaxaron a Extremadura para competir na primeira proba da Liga Española de Raids de Aventura (V Raid de la Siberia Extremeña). Entre os mellores clasificados podemos destacar os seguintes:
Na categoría Aventura Masculino, o equipo Aseragro- Tecfilter- Vizhoja Cornelios rematou en 4° posto, mentres que o C.O.CO Santiso Raid Team quedou en 7° posto.
Na categoría Aventura Mixto, Neumáticos JL- Vizhoja Cornelios conseguiu o ouro e Aromon Toxiños alcanzou o 8° posto.
En Élite, o Endurance C.O.CO obtivo a medalla de prata. Pola súa banda, o Fluvial Lugo- Os Barbas quedou en 6° posto e o equipo Bodega Mauro Estévez- Objetivo Trail terminou en 9ª posición.
Achegamos o enlace da clasificación final.
Noraboa a todos/as!!!