Noticias

REPRESENTACIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE CARREIRAS DE AVENTURA EN SUDÁFRICA

Sudáfrica será este ano o escenario do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura (ARWS World Championship 2023), no que participarán máis de 100 equipos, tres deles integrados por deportistas da FEGADO.

Os equipos deberán navegar día e noite empregando o mapa para completar unha ruta de 800km con seccións de BTT, trekking, kaiak e cordas. A proba dará comezo este xoves 19 de outubro e o peche de meta será o venres 27, sendo o tempo gañador 4-5 días.

Os equipos con representación galega son:
  • Endurance Team (J Sancosmed, Borja Varela, Tono Abal e Misty Weyer)
  • Tracktherace Adventure Team (Marcos Muíño, David Senra, Mariana Pontes e Adrián Moreira)
  • Keltoi (Felipe Peña, Pablo López, Marcos Varela e Mónica Aguilera)
Toda a información sobre a proba está dispoñible aquí. A carreira pódese seguir vía GPS e existe un grupo de WhatsApp e unha canle de Telegram para seguir aos equipos españois. Ademais, pódese acceder á canle de YouTube das ARWS neste enlace

Moita sorte e moita forza a tod@s!