Noticias

Calendario dos meses de maio e xuño como preparación do CESA 2023

Adxuntamos a relación de competicións ás que é moi recomendable asistir de cara á preparación individual dos rapaces e rapazas deportistas convocados para o CESAOP 2023.

Somos conscientes da sobrecarga do calendario 2023 e de que estaremos en época de exames de fin de curso, pero animamos aos clubs e ás súas Escolas de Orientacón a programar tamén adestramentos zonais de reforzo que podan abrirse a outros rapaces federados.

Competicións oficiais FEGADO

20 de maio. Os Muiños (OU). 4ª proba da LGDO. Campionato Galego de Media Distancia

20 de maio. Os Muiños (OU). 1ª proba da LGTO. Campionato Galego de PRE-O (novidade no CESA).

3 de xuño. Oia (PO). 5º proba da LGDO.

3 de xuño. Oia (PO). 2ª proba da LGTO (novidade CESA).

17 de xuño. Vigo (PO). 6ª proba da LGDO.

17 de xuño. Torroña (PO). 5ª proba da LGS. Distancia Media.

18 de xuño. Vigo (PO). 7ª proba da LGDO. City Race Euro Tour. Distancia Media.


Competicións NON oficiais en GALICIA

Actividades dos clubs e das súas Escolas de Orientación (consulta ó teu club).

17 de maio. Ermelo (PO). Liga Aromon 2023.

10 de xuño. Ermelo (PO). Liga Aromon 2023.


Competicións oficiais FEDO

26, 27 e 28 de maio. Campionato Ibérico Masculino e 7ª proba da Liga Española de Orientación. Distancias media, sprint e longa. Penamacor (PORTUGAL) Incricións abertas ata as 23:59h do 22 de maio.