Noticias

Convocatoria 2022 dos I Premios do Deporte Deputación da Coruña

Adxuntamos as bases dos I Premios do Deporte Deputación da Coruña.

Fin do prazo: 31 de xaneiro de 2023, ás 14.00 horas

A convocatoria está destinada a recoñecer, publicamente, as persoas e entidades que desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña e que destaquen pola súa traxectoria deportiva, logros, ou a súa contribución ao fomento da práctica do deporte.

Poderán presentar candidaturas para a concesión do premio todas as persoas físicas ou xurídicas que estean interesadas na promoción do deporte. Poderán presentar cantas candidaturas desexen e unha soa por categoría, admítense as autocandidaturas.

A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (Subtel).

Podedes plantexar calquera dúbida na conta de correo-e fegado.direcciontecnica@gmail.com