Noticias

O COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL ESTREA A SERIE "ESCUELA DE ORIENTACIÓN"

O Comité Olímpico Español (COE) publica a serie 'Escuela de Orientación', coa iniciativa de dar a coñecer a orientación e aos seus deportistas.

Nos catro episodios que compoñen a serie, os deportistas integrantes da Selección Nacional de O-Pé Ana Toledo, Gonzalo Ferrando e Pablo Ferrando, explican en que consiste o noso deporte, como empregar o compás e como se leva a cabo unha proba de orientación, entre outros aspectos.

Podes ver a serie na canle de YouTube do COE.