Noticias

RECORDATORIO e ARQUIVOS para o seguemento e participacion na ASEMBLEA XERAL TÉCNICA do vindeiro sábado 30 de novembro 2024

Non esquezas enviar á conta de correo info@fegado.es a túa confirmación de asistencia á Asemblea Xeral Técnica (AXT) na que se tratarán as PROPOSTAS de ENMENDA DE REGULAMENTOS e NORMAS ANUAIS que marcarán a liña a seguir a curto e longo prazo na nosa modalidade deportiva. Tamén debes enviar, se é o caso, a delegación de voto por parte da persoa representante de club.

Existen propostas que afectan a tódalas especialidades: O-pé, MTBO, TRAIL-O (ranking) e RAID (múltiples).

Tal vez a proposta cun maior calado no que é a estrutura da competición é a que fala de simplificación e agrupación de categorías de O-Pé (nº 8).

Tamén existen propostas que tocan aspectos económicos, que se a Asemblea o estima conveniente, serán expostos e derivados á Asemblea Xeral de decembro, tal e como vimos facendo nos últimos anos.

Na ligazón adxunta, que apunta cara á noticia colgada no 5 de novembro e que foi regularmente actualizada, tedes o conxunto de propostas recibidas en prazo e forma e tamén a convocatoria e acta da Asemblea anterior para a súa aprobación, se procede.

Recordade que a Asemblea é presencial, pero que habilitaremos un enlace para o segemento on-line da mesma (tamén na ligazón), que por operatitivade será en calidade de "sen voto".


Nota da Dirección Técnica. As propostas recibidas na conta direcciontecnica@fegado.es sempre son confirmadas cunha resposta de cofirmación de recepción. Como ten habido casos de propostas derivadas á conta SPAM, verifica que a túa propuesta esté publicada. Grazas.