[act 26nov2024 con 12 propostas] PROPOSTAS de ENMENDA de REGULAMENTOS e NORMAS ANUAIS de cara á Asemblea Xeral Técnica (AxT) de 30 de novembro de 2024
Actualización 26 nov 2024 na que incorpóranse dúas propostas recibidas en tempo e forma pola vogalía de Trail-O.
Publicación do link para seguemento en streaming (sen voto) da Asemblea Xeral Técnica.
Actualización 25 nov 2024 na que incorpóranse as propostas recibidas ata a esa data [proposta 8, agrupación de 13 propostas no bloque 9 e agrupación de 2 propostas económicas no bloque 10. Pechamos a recepción de propostas
Actualización 22 nov 2024 na que incorpóranse as propostas recibidas ata esa data [propostas 1 a 7].
Noticia de apartura de plazo do 6 de novembro 2024
Datas e canles de comunicación
Data límite para a presentación de propostas: domingo 24 de novembro ás 23:59 horas. Somentes serán aceptadas as propostas completas, concretas (deben poder ser sometidas a votación directa) e adaptadas estritamente ao formato do formulario adxunto que debe ser enviado á conta direcciontecnica@fegado.es
Data de acceso público ás propostas recibidas: serán publicadas como adxunto nesta mesma NOTICIA, a medida que se vaian recibindo e etiquetando previo análise conxunto por parte da Dirección Técnica da FEGADO e das persoas responsables de cada vogalía. As persoas interesadas poderán consultalas ata a data da Asemblea Xeral Técnica.
Data de debate e votación presencial das propostas: sábado 30 de novembro na ASEMBLEA XERAL TÉCNICA, que será en formato presencial, á que están convidados especialmente os xuíces controladores (con voz) e as persoas asembleístas (con voz e voto). Na medida en que sexa posible habilitarase o seguemento en streaming (sen voto). A convocatoria e a acta previa adxuntaranse á presente noticia.
MESAS DE TRABALLO PREVIAS (2) para a preparación da AxT
Destinatarios. Dirección técnica contactará verbalmente coas organizacións (persoas físicas ou xurídicas, entidades deportivas) de eventos do calendario 2025 e tamén de 2024 e cursará as invitacións á reunión. A mesa estará aberta a tódalas persoas federadas que desexen participar para o que poden escribir á conta direcciontecnica@fegado.es especificando MESA TRABALLO 1 Categorías e/ou MESA TRABALLO 2 Trazados.
MESA TRABALLO 1. Categorías 2025 de O-Pé e MTBO. Agrupación de categorías. Cerimonias de premiación e obriga da asistencia ás mesmas. Ranking. Mércores 13/11/2024. Reunión telemática vía T EAMS. Duración 1 hora: de 21:30 a 22:30. Expón e modera: Dirección Técnica. Obxectivo: concretar que proposta podemos levar á Asemblea Xeral Técnica. Reparto de traballo de cara á AxT: análise: participación, evolución histórica, categorías noutras ligas autonómicas.
MESA TRABALLO 2. Trazados 2025 (tódalas especialidades). Mércores 20/11 /2024 Reunión telemática vía TEAMS. Duración 1 hora: de 21:30 a 22:30. Expón e modera: Dirección Técnica. Obxectivo: análise da calidade dos trazados nas Ligas Galegas. Quen pode trazar: necesidades de formación. Cómo mellorar. Reparto de traballo de cara á AxT: que formacion teñen os/as nosos/as federados/as, qua están a facer outras federacións, etc.