Noticias

LA RIOJA ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA A 4ª PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE RAIDS DE AVENTURA

A localidade rioxana de Cameros acolleu esta fin de semana o I Raid Tierra de Cameros, a cuarta cita da Liga Española desta modalidade.

Os equipos puideron desfrutar dunha proba de moi alta calidade, con trazados que percorreron paraxes espectaculares con bosques incribles, demostrando que La Rioja é moito máis que viñedos. Na categoría Elite os participantes completaron un percorrido non-stop, con seccións variadas de BTT, trekking, pádel surf, espeleoloxía, barranquismo e tiro con arco, nun tempo máximo de 27h.

Na categoría AVENTURA MIXTA, tres equipos galegos completaron o podium: en primeiro lugar o conxunto Talleres Mingos- Tecfilter Vizhoja Cornelios (Cándido Carrera, Diego Fernández e Silvia Insua), seguidos do Budiñoraid Atlas (M. Teresa Iglesias, Julián Marinez e Pablo Sio) en segunda posición e de Aromon Raza Palleira (José Alonso, Adrián Pérez e Alicia Pérez) no terceiro posto. En AVENTURA MASCULINO a medalla de prata foi para o equipo Aseragro- Biziebike Vizhoja Cornelios (Pablo Fernández, Alberto Otero e Isaac Rodríguez).

Dende a FEGADO queremos trasladar os parabéns a todos os participantes e tamén destacar e agradecer o magnífico traballo do C.D. Rioja Alta Orientación na organización desta proba.

Os resultados completos e a información da proba están dispoñibles aquí.