Noticias

PREPARADOS PARA O CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO

Os nosos orientadores Sofía Martínez, Marcos Silvarrey, Ángel García e Juan José Sancosmed están en Lituania co resto de integrantes da Selección Española, preparados para competir no Campionato de Europa Senior, Xuvenil e Junior de MTBO.

O xoves 18 ás 9:00 (hora española) comeza o evento para os xuvenís e juniors coa distancia media. O venres as categorías xuvenil e junior enfrontaranse á distancia sprint ás 9:00 (hora española), mentres que ás 9:30 (hora española) será o turno dos senior.

A distancia longa celebrarase o sábado, cos deportistas masculinos senior competindo dende as 8:00 e os menores a partir das 8:20 (ambas en hora española). A competición despedirase o domingo 22 coas remudas clásicas ás 9:00 para as categorías máis novas e coas remudas mixtas ás 10:30 para os senior (tamén en hora española).

Dende a FEGADO enviamos moita sorte a todo o equipo!


Achégase o enlace á web da IOF onde podedes seguir as probas en directo.