MATEO RODRÍGUEZ COMPITE ESTA SEMANA COA SELECCIÓN NACIONAL NO CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE ORIENTACIÓN A PÉ
Este luns comeza o Campionato do Mundo Junior de Orientación a Pé (JWOC) na localidade checa de Pilsen. Alí estarán competindo os integrantes da Selección Española, entre os que se atopa o noso deportista Mateo Rodríguez, do Club Aromon de Pontevedra.
A competición dá comezo este luns coas remudas sprint ás 16:15. O martes 2 terá lugar o sprint ás 10:00 e o mércores a distancia longa ás 9:00. Tras a xornada de descanso do xoves, o venres diaputarase a distancia media e o sábado despedirase a competición coas remudas.
O evento pódese seguir no Live Centre da Federación Internacional (IOF), incluíndo a retransmisión en directo por un prezo de 25 euros para todo o Campionato ou de 6 euros por proba. Os resultados das probas pódense consultar aquí.
Dende a FEGADO enviamos moita sorte a todo o equipo e en especial a Mateo!