Noticias

Éxito Rotundo do BudiñoRAID2017

A pasada fin de semana tivo lugar nas Terras do Tea (nos Concellos de O Porriño, Salceda de Caselas, Ponteareas e Mondariz) a 3ª edición do BudiñoRAID, unha proba que se vai consolidando no calendario da Liga Galega con esta terceira edición consecutiva, e que parece que ano tras ano se vai superando a sí mesma. Se ben este ano por compromisos cos Concellos Colaboradores os nosos compañeiros do BudiñoRAID tiveron que optar por un raid de dia e medio de duración (21 horas) estes superáronse a sí mesmos e a calidade organizativa do mesmo estivo a altura de calquera proba de nivel nacional. Tras os 11 duros sectores dos que constaba a proba o podio en Categoría Raid-O3 quedou finalmente copado polos VK Bique, Fluvial de Lugo Os Barbas e Montaña Ferrol Trinity (que mantiveron unha dura disputa polo 2º e 3º posto). En Categoría Raid-O2+1 o podio completouse cos Marqués de Vizhoja Cornelios, Montaña Ferrol Frouxeira e SEO Jogafan. Se ben os corredores destacaron a dureza do Raid non menos mencionaron as espectaculares paraxes polas que discorreu o mesmo, felicitando á organización pola súa labor tanto loxística como na elaboración dos trazados da proba.

Esperamos desexosos xa a 4ª Edición do BudiñoRAID 2018!!