CUARTA POSICIÓN PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRAIL-O
O pasado domingo 11, a localidade de Guardamar del Segura (Alicante), recibiu o Campionato de España de Trail-O 2023 (CETO2023)
O CETO 2023 consistiu nunha proba de Pre-O, na que o noso orientador José Antonio Ricoy (Club Aromon de Pontevedra), acadou a cuarta posición na categoría Open.
Coa suma dos resultados dos deportistas da FEGADO, na clasificación por comunidades autónomas Galicia conseguiu o cuarto posto.
A fin de semana completuse cun sprint de Pre-O, disputado o sábado, onde Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) rematou no top ten coa súa novena posición en Open.
Parabéns a tod@s!
Os resultados completos da proba están dispoñibles aquí.