TRES DEPORTISTAS DA FEGADO REPRESENTARON A ESPAÑA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO
Os nosos orientadores Marcos Silvarrey, Sofía Martínez e Nicolás López competiron a pasada semana no Campionato do Mundo de MTBO como integrantes do equipo Junior da Selección Española.
Entre os resultados, destacamos o diploma obtido na proba de remudas polo equipo junior feminino do que formaba parte a nosa deportista Sofía, que remataron en cuarta posición.
Ademais, Nicolás López conseguiu dous top 10 nas probas de media distancia e mass start. O Campionato completouse cunha proba de distancia longa.
Dende a FEGADO trasladamos os prabéns a todo o equipo nacional!
Os resultados completos e toda a información están dispoñibles aquí.