Eventos

Liga galega O-Pé. Barbanza-Boiro

Este ano esperamos ter un tempo máis "normal", e que así podades disfrutar plenamente da proba e do mapa.

Actualización: Publicada información dos percorridos. Carreira de distancia media

Actualización a xoves 2 de Xullo: Publicadas as horas de saída.

IMPORTANTE: Os percorridos P-9, P-11 e P-12 inclúen volvoretas, polo tanto, os corredores destes percorridos deben asegurarse na saída de coller o mapa que lle corresponde segundo o publicado nas horas de saída (P-9a, P-9b, P-11a, P-11b, P-11c, P-12a, P-12b ou P-12c)

Presaída de 8 minutos.

Conforme ó Boletín 2, ó final do apartado "PERCORRIDOS", os horarios de saída dos percorridos están adaptados para evitar concentracións e coincidencias. Isto implica que as preferencias de saída que normalmente fanse están restrinxidas ó horario establecido para cada percorrido concreto. Agardamos que desculpades as molestias que vos poida ocasionar.