Eventos

III GALICIA O-MEETING | CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE DISTANCIA LONGA DE O-PÉ | PENA DOS MONTEIROS

O Galicia O-Meeting celebra a súa terceira edición co obxectivo de consolidarse como un evento de referencia no calendario da orientación, invitando a deportistas de toda Galicia e do resto da Península a descubrir algúns dos mellores mapas e terreos da nosa Comunidade. Nesta ocasión, o escenario será o mapa de Pena dos Monteiros, en Goente (As Pontes), unha contorna de excepcional calidade para a práctica da orientación que acollerá dúas probas da Liga Galega de O-Pé.

O sábado 12 de setembro disputarase a 6ª proba da Liga Galega, organizada pola S.M. Ártabros, que ademais será o Campionato Xunta de Galicia de Distancia Longa. O domingo celebrarase a 7ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé, organizada polo Club de Orientación Liceo.

  • 20/08/2026: publicado mapa antigo e boletín 1

Inscrición

O prazo para a inscrición neste evento remata Ver na Intranet