Eventos

1º BUDIÑORAID-TERRAS do LOURO_3ª proba da Liga Galega de Raids 2015

3ª proba da Liga Galega de Raids de Orientación a celebrar nas TERRAS DO LOURO, nos concellos de O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.

O primeiro evento organizado pola sección de Orientación da Asociación Deportiva A FORNA de Budiño, o BUDIÑORAID, é un ambicioso proxecto que implica a tres dos concellos polos que discorre o Río que lle vai dar nome a esta edición.

As Gándaras de Budiño, o Faro de Budiño e o Faro de Cans no Concello de O Porriño, a Senda do Caselas, o Monte de San Cibrán e o Espicho do Faro de Entenza no Concello de Salceda e as Veigas do Louro, ou o Río Miño son algúns dos preciosos espazos naturais existentes na zona polos que vai a discorrer esta primeira edición do noso Raid.

Un raid de longa duración xa que vai ter un percorrido de uns 100 km. de distancia repartidos en 7 sectores ó longo das 10 horas de competición que non vai a deixar indiferente a ninguén.

Dende a organización esperamos que todos os amantes deste deporte de Aventura, dende os mais experimentados competidores na liga autonómica, así como os mais novatos e inexpertos xa que imos a contar tamén con unha categoría de iniciación, vos acheguedes a disfrutar con nós do primer evento de este tipo que se celebra na zona para disfrutar de unha experiencia inesquencible en un entorno inigualable.

Achégate de disfrútao !!!!