Trofeo O Grove - Ponteaorientar 2026; Horas de saídas por club
Publicadas horas de saída por club nas probas de media e sprint. As saidas de Trail-O serán con START dende as 12:30 ata as 13:30, non puidendo abandoar o Centro de Competición unha vez rematada a media distancia (non se pode volver ao aparcamento).
Os corredores que soamente participen en Trail-O deberán de estar no centro de competición *antes* das 12:00.
As saídas de iniciación están indicadas na primeira hora da proba (10:30-11:30). Os adultos que acompañen a menores terán laxitude horaria segundo a súa hora de chegada a meta, sempre que non participen no Trail-O.
O domingo a organización fará na entrada o control de vehículos rexistrados previamente (información no boletín) para o aparcamento no centro de competición. O persoal habilitado comprobara coa matrícula indicada, sen necesidade de que os corredores leven autorización impresa.
Vémonos no Trofeo O Grove - Ponteaorientar2026!
