Liga Galega de O-BM. Campionato Galego. Coirós (A Coruña)
Hora inicio:09:00 h. Apertura da recepción. Entrega de tarxetas SI.
10:00 h. saída dos primeiros corredores.
Mapa:
Escalas:1/15000para os percorridos oficiais e ini. longa 1/10000 para o percorrido de iniciacióncurta
Equidistancia:5m
Aqueles corredores que queiran entrar no ranking da Liga Galega de Orientación en BTT deberán levar visible o seu dorsal da Liga Galega de Orientación a Pé.
Inscripcións:
Ata as 22:00 do martes 27 de outubro
Carácterísticas:A zona encontrase no punto de unión de tres concellos (Coirós, Aranga e Oza-Cesuras, trátase de unha
formación montañosa de uns 7km de longo por 2 km de ancho, rodeado polos ríos Fervenzas afluente do Mandeo
e os regos de Miñatos e Torarou.
Conta con pendentes de moderadas a fortes sobre todo nas ladeiras dos citados ríos e moitas formacións de carácter granítico, a diferencia de cotas entre o punto mais baixo e a parte mais alta pode acadar os 500 metros de desnivel.
A rede de pistas e camiños e variada e extensa así o reflicten os case 180 km totais dos cales 150 kms corresponden a camiños e sendas de ciclabilidade media e regular, agás en algúns puntos moi concretos e sinalados no mapa (símbolo 714) peligro atravesando camiños ou sendas na maior parte dos casos correspondense con obstáculos tales como árbores caidas atravesando o camino, noutros casos utilizouse doblemente o citado símbolo para acentuar algúnhas sendas e camiños en moi mal estado e forte pendente, no que se fai obligatorio baixarse da bicicleta e extremar as precaucións.
Existe tamén un alto porcentaxe de cortalumes nos que existe camiño ou senda ben marcado representándose estes cunha trama color amarelo (símbolo 401) e sobreimpresionando a tipología de senda ou camiño que corresponda , nos casos en que non exista camiño tamén se permite o seu uso para desprazarse en
bicicleta sempre tendo enconta que aumentaremos as posibilidades de pinchar, detalle de cortalumes sen camiños ou sendas .
En canto a vexetación, intentouse manter certa certa correspondencia coa realidade a última revisión realizouse en septembro de 2015, como novidade realizouse un voo non tripulado con un DRON equipado con unha cámara fotogramétrica, o producto resultante de este experimento foi a realización dunha ortofoto que servíu para a clasificación mais rápida dunha área bastante complexa.
2/3 da superficie correponden a bosques e repoboacións de eucaliptais ainda que conserva na parte alta amplios bosques de pinos, o tercio restante está formado por monte baixo máis concretamente toxeiras representadas co símbolo 403
Nas últimas semanas como e habitual nestas datas hay zonas nas que se están a facer talas, polo que pode haber ramallada o longo de algúns camiños.
Durante a carreira únicamente se poderá circular polas pistas, camiños, sendeiros e cortalumes que se atopen debuxados no mapa, non podendo atallar atravesando campos e montes.
No mapa queda tamen prohibida a circulación pola carretera N-VI, que se encontrará en todos os mapas marcada (símbolo 711) , unicamente se permitirá cruzar no punto habilitado (símbolo 708) e sempre seguindo as indicacións da organización que estará alí presente.
Por regra xeral non está contemplado dentro dos recorridos o uso de ningunha carretera asfaltada, si e posible que nos encontremos algunha pista asfaltada con unha taxa moi baixa de circulación de vehiculos, en calquer caso compre tomar sempre precaucións e respetar as normas de circulación.
Importante. Durante estas ultimas semanas detectaronse traballos forestais de mellora nalgunhas pistas e cortalumes principais, que en principio non deberan supoñer un gran cambio na ciclabilidade