San Silvestre Orientadora
Moi boas a todos e a todas!
Presentámosvos a nosa San Silvestre Orientadora un ano mais, nesta ocasión no Lago Castiñeiras cun peche de ano de actividades excepcional.
A participación pode ser individual ou en grupos aqueles que queiran ir xuntos, non hai ningún problema.
A dinámica da proba é a seguinte:
Hai 3 mapas diferentes, da mesma zona, con diferentes balizas entre eles, e unha proba especial en cada un dos mapas. O obxetivo é completar todas as balizas dos 3 mapas formando equipos de 3, que ben poden ser 3 persoas individuais ou “grupos” ou “parellas”.
Pero ollo! Cada participante soamente poderá facer mínimo 3 e máximo 6 balizas no seu primeiro mapa. Despois terán que agardar aos seus compañeiros para facer estratexia e completar todas as balizas en 1 ou 2 postas mais.
En cada un dos mapas existe 1 baliza na que hay unha proba especial, que non se coñecerá ata chegar ao control.
A saída será para TODOS ás 11:00 e remataremos ás 13:00 cunha chocolatada organizada polo club, na que cada un poderá aportar un petisco para compartir entre todos.
Estades todos convidados!!
Calqueira dúbida vola resolvemos en orientacion@aromon.gal
CLUB AROMON PONTEVEDRA - VOCALÍA DE ORIENTACIÓN
