VII LIGA LOCAL Aromon-Chemasport: 6ª proba
Cando: Domingo 27 de maio, de 10 a 13hs
Lugar: Arcade (Soutomaior)
Contaremos con unha única modalidade (a pé), con tres percorridos:
- Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos)
- Iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia)
- Avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación)
Custo:
- Empadronada/o no Concello de Soutomaior: 0 euros
- Socio do club Federado FEDO (AROMON): 0 euros
- Federado FEDO de 15 anos ou menos: 0 euros
- Nenos NON empadronados de 15 anos ou menos (non federados): 2 euros
- Socio do club NON Federado FEDO: 4 euros
- Federado FEDO non socio do club (>15 anos) (Percorrido AVANZADO): 8 euros
- Non empadronados e NON socio de 16 anos ou máis: 6 euros
Inscricións.-
Até o martes 22 de maio ás 22:00h na oficina do club AROMON, ou a través do formulario: https://goo.gl/wVqFGQ
Para formalizar a inscrición podedes facer o pago na mesma na oficina do club ou facer o ingreso na conta de ABANCA ES08 2080 5403 4030 4011 8709 e enviar xustificante de pago a lachs@aromon.es.